mércores, 7 de setembro de 2016

Alquimia.

O erro e a maldade
debóran o noso corpo
mais temos que deixar de calar
e comezar a pensar
sen os fíos que nos moven
sen afundirnos
sen rendirnos
na morte invisible

Temos que desnudar o tempo
sen afundirnos nas gretas
porque temos corrompidas as feridas
as úlceras da alma
e ao final
somos ríos do esquecemento
un aquelarre de soñadores
cargamos coa pedra de Sísifo
somos alquimistas da dor
cargamos con estupor

Hai un lume dentro de min

Foto de: Luis Morais Álvarez

Estou enferma
esnaquizada
esmagada
caendo
cacho a cacho
non-existindo
pasome a vida non existinto
sobranme as palabras
estanme a matar
chegan a alaridos
recito poesías na túa tumba
berro con estupor
solto a dor

logo foi o silencio
a soidade
acariciandome o cabelo
con mans de xeo

aconteceron tantas desgrazas
que se fixo eterna a ferida
e acostumeime a morrer un pouco
co aire que se respira na estratosfera
coma o que atura a chuvia nestas paredes
que reteñen a dor do universo
sabendo que un día morreremos de verdade

pero en Casiopea os ceos teñen outra cor
no son
estrelados
azulados
iluminados

xa non son idea abstracta

senón materia que sufre polo que ve
polo que escoita
polo que sinte

e estou enferma
non por escoitar cancións tristes
non por soportar as mortes

a miña mente descansa nas fogueiras
vendo ardes
queimándose este lume inexistente
no lume interior

Licencia Creative Commons