martes, 26 de maio de 2015

Lévame

Lévame antes de ir a durmir
Lévame na noite
sen ser o espello de cinsas de Pizarnik

Os mortos queren vivir


La utopía está en el horizonte. Camino dos pasos, ella se aleja dos pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. ¿Entonces para que sirve la utopía? Para eso, sirve para caminar.
Eduardo Galeano 
Reviven as xentes, que piden a berros: xustiza, igualdade, liberdade, dignidade...
Reviven as ganas de loitar. Poida que xa non se represente a uns poucos. Poida que poidamos tomar parte e xa que logo, as cousas poden cambiar, soñadores.
Temos que rematar son este suicidio occidental, esta guerra económica...
Temos que falar, deixando un pouco ao lado límites. Porque a sintonía das flores e dos mortes non soa.
Estamos máis vivos ca nunca. E agora, as sílabas arden nas nosas gorxas.
Abrense as fiestras e coa dignidade da xente pódese construir...

Lois Pereiro

Declaración


Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitente.
Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara á morte,
un tránsito inútil e innecesario.
Pero a ignorancia salva ós que non queren
arriscarse a perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.
E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as conviccións nas que me reafirmo.
Solidario e amable, se é posible,
ou lobo estepario no desterro,
completarei o círculo insurxente
coas balas do desexo.

mércores, 20 de maio de 2015

Dans l'absence


Temos que reinventalo todo
O corpo
O son da túa guitarra
As miradas
Quero coller o que se escapa
Teño medo a non chegar
Quero ser

anacrónica





Gerardo Diego



Para ti el arrebato de las algas
y el alhelí de sálvese el que pueda
y los gusanos de pasar el rato
príncipes del azar en campeonato

Gerardo Diego

xoves, 14 de maio de 2015

What remain

Saiman Chow
Somos dous peixes efervescentes
que se afogan
que viven nun cristal roto.

Temos un azul que ule a mar





Temos un azul
que ule a mar
e non temos nin tan  sequera
voz
Vimos as afiadas luces
dos  milleiros de edificios
do faro xirar
arredor de nós
Soupemos vivir
Soupemos morrer
E agora somos o salitre
a pel avermellada

Esquecervos sería como esvaecerse as verbas da miña canción favorita
Porque nada nos pertence
Mais podemos retelo na mente
Podemos beber cos ollos
E o amor,


non nos deixará morrer.

Licencia Creative Commons