mércores, 24 de xuño de 2015

Que difícil é ser deus


Aqueles foron días cando eu aprendín o que é o sufrimento, o que é sentir vergoña, que é desesperación. Pedro Abelardo
Debo advertir que: para cumprir esa misión, vai armado, co fin de infundir respecto. Pero en ningún caso será autorizado a usar as súas armas, sexan cales sexan as circunstancias. Entende? Ernest Hemingway

Que difícil é ser un deus é unha rara avis inspirada nunha novela de ciencia ficción rusa bastante coñecida (e recoñecida) dos irmáns Strugatsky, adaptación feita polo director Aleksei German.
Porén, esta non é unha ficción calquera senón que ten algo de didáctico, trátese do humanismo  e da crítica social. Crítica baseada nun sistema comunista alternativo que deriva no totalitarismo, como xa ocorreu na historia do planeta.
Se puidese ser simplista diría que é visceral e ao mesmo tempo grandiosa por eses fabulosos planos en branco e negro, movementos insospeitados, a corrente subterránea social e filosófica...
Afondando máis no meollo, a película situase nun locus similar á Terra chamado Arkanar. A simple vista pode identificarse este noxento lugar, onde os humanos son os peores monstros, na Idade Media e o consecuente feudalismo, sistema  no que o poder está nas mans duns poucos, moi pouquiños. Sistema no que hai homes libres e escravos. É por isto que se envia a unha serie persoas a investigalo (pero coa condición de non interferir na vida política e social) como é o caso de Don Rumata.Este, ou como máis lle chaman “Don” é o famoso deus, aínda que se trata dun científico do noso planeta enviado a este lodeiro onde as universidades foron destruidas ao igual que a cultura. Os resquicios de cultura, homes sabios e libros que se manifesten son esnaquizados como se de Fahrenheit 451 tratara.
A película centrase neste personaxe que como terrícola rexeita a falta de hixiene e condicións vomitivas que xorden ao longo das tres horas. De aí a teima de aparecer sempre co pano, e rematar nunha especie de charco (outra cousa mellor non había, non sei que dicirvos). O “pobre” Rumata despois de tanto caos, sucidade,  violencia,  loucura...
Este marabilloso pesadelo de ciencia ficción pode lembrarnos algúns a El Bosco ou mesmo á gran serie do momento: Game of Thrones, deixando o listón moi alto.
Cando saín do NUMAX comprobei sorprendida que existían os baños, a auga corrente, os libros e as rúas non fedían. MENOS MAL!

“Miña nai dicía que as bágoas só son auga. Todo está na cabeza”.“O creador castigounos con dor. Eu tamén fun á Universidade”.“Deus, se existes, detenme”.“Destruir é sinxelo”.



luns, 22 de xuño de 2015

Non hai nada que celebrar:
pecharon as ventás deixandoas medio abertas

ata converterse en fósiles

Medo

De cando os ventiladores inundaban a habitación
E as formigas eran amigas matutinas coma quen anda
un campo
espido
sen máis máscara  que os soños e unha pel entumecida
entumecida polos golpes voraces da vida
entumecida pola soidade
entumecida por respirar con tantos delirios
un carreiro de formigas fican 
para dar voltas 
en círculos
e o medo apodérase de nós
coma quen mira os ollos dunha serpe de verán
vexo os teus ollos 
e podo dicirche que 
fun feliz
que me gusta o cine independente
o mirar profundo
os sonrisos da xente
a rebeldía
a carraxe
gústanme as formigas e os espidos que corren en liberdade

as formigas corren polo teito

Fear
Fear of seeing a police car pull into the drive.
Fear of falling asleep at night.
Fear of not falling asleep.
Fear of the past rising up.
Fear of the present taking flight.
Fear of the telephone that rings in the dead of night.
Fear of electrical storms.
Fear of the cleaning woman who has a spot on her cheek!
Fear of dogs I've been told won't bite.
Fear of anxiety!
Fear of having to identify the body of a dead friend.
Fear of running out of money.
Fear of having too much, though people will not believe this.
Fear of psychological profiles.
Fear of being late and fear of arriving before anyone else.
Fear of my children's handwriting on envelopes.
Fear they'll die before I do, and I'll feel guilty.
Fear of having to live with my mother in her old age, and mine.
Fear of confusion.
Fear this day will end on an unhappy note.
Fear of waking up to find you gone.
Fear of not loving and fear of not loving enough.
Fear that what I love will prove lethal to those I love.
Fear of death.
Fear of living too long.
Fear of death.

I've said that
Raymond Carver


I want to be like the expectant art, in the museum.
Burn like the girls in pictures.


Quería ser arte expectante, no museo.
Arder coma as rapazas das fotos.


domingo, 14 de xuño de 2015

Ouka Leele

Era o ferro de pasar


Era un libro lido por terceira vez


Era unha película capaz de facernos chorar


Era unha morea de xiringas contra a varicela


Era veneno



Fotografías de Ouka Leele

Unha Anna Karénina

A aristócrata suicida




Era coma coma un cuarto baleiro
despois de que todos marcharan
Era unha fina pel branca roída polo vagar do tempo
esnaquizada a vida
nas pedras do río verdescente
                                  [na fondura ardían os almanaques]


Era o paisaxe da morte

Leila Amat

Licencia Creative Commons