mércores, 25 de novembro de 2015

CAOS- CAÓTICO

Cando todo é caos
botóns desbrochados
mar rebelde
perfora silencios
paisaxes de praias baleiras
de pés descalzos
que buscan refuxio
na profundidade deste totum revolutum

Fillos da dor

Ás veces todo se rompe en pedaziños
non se poden volver unir
dilueste en sangue
arranxas o que podes
non tes medo á ferida
que pode colarse dentro de ti
Aleksandra Waliszewska

xoves, 19 de novembro de 2015

O tempo fuxe, a poesía,fica nos ollos da xente

I
A poesía está desnuda
a rúa late
ruxe como navíos perdidos
e ninguén, ninguén 
todos durmen
e o ceo é unha noria de nimbos
as estrelas eran farois
agora as ventás
rebélanse contra o negro da noite

II
Subo ao urbano
non podo ver os ollos da xente
miran ao infinito
seguen a chuvia esvarando pola ventá
as voces mestúranse

III
Tempus fugit

Mustang


A directora de Mustang:  Deniz Gamze Ergüven dixo nunha entrevista que fixo a película para afondar en que consistía ser “muller” en Turquía, onde os profundos movementos tectónicos xiraban en torno esa temática.
Son moitos os que asocian esta película coa de Virxes suicidas de Sofia Cappola.

Comeza coa historia dunhas irmáns que xogan na praia sobre os ombros dos rapaces.  Séguese con  este acto inocente é condenado de provocativo e fóra de lugar, por “sexual”.

A veciña delata as rapazas, de obscenidade. É entón cando comeza a verse o primeiro atisbo de rebeldía de Lale preguntándolle se ela unha xuíz moral. 
Progresivamente vaise vendo como cada vez a  sociedade patriarcal as reprime máis e máis.
Porén, encerradas na habitación, cos cabelos entrelazados, están a descubrir a súa sexualidade. A descubrírense. E son continuas as loitas contra as imposicións sobre todo por parte de Lale, que xa con case todas as súas irmáns casadas consegue fuxir da casa onde estaban recluídas, nesa “fábrica de facer esposas”.

Aínda que é obvio que é un filme feito desde o punto de vista occidental, e aínda que é doado que consiga irritarnos profundamente,  transmite moito. Ten unha mensaxe insurxente, de loita feminista, pola liberdade que se ve materializada ao chegar ao Istambul. Agridoce e cun toque de esperanza.

venres, 13 de novembro de 2015

As mil e uma noites,Miguel Gomes.

As mil e uma noites, o inquieto é un filme de Miguel Gomes; galardoado este ano en Cineuropa. No seu discurso dixo que pensaba que ia morrer porque lle daban o premio, pero que como non era así, e considérase alguén novo con pouca obra, dixo ía seguir a agasallarnos con máis filmes. E que contra a política da austeridade cinema da diversidade. Política de austeridade que se deixa ver nos estaleiros portugueses de Viana do Castelo onde se construiron milleiros de barcos para o mundo enteiro. Despois aparecen as avespas asiáticas,  nun intento de contar mil historias á vez. Avespas que se entende que pican aos traballadores. E hai un home que cre que el só pode matar a todas as do país. De noite, queimando árbores, coma se se tratase dun vagalume inmenso. Un filme á vez que cómico que vai construindo un fíos as veces moi poéticos como en Aquele Querido Mês de Agosto que  nos engaiolou  polas verbenas do rural que tan típicas son tamén da Galiza.




Despois aparece Xerezade para contar as desventuras do país, o desgoberno, as desgracias a través dun imaxinario corrosivo e cheo de humor. É sobre todo unha sátira política. Aínda que Miguel Gomes dixo que non posuía cualidades para iso pero si para retratar a estrutura dunha sociedade, dun pobo, que diso se trata a política.
Historias e máis historias.Un galo madrugador que é o primeiro berro da consciencia do pobo pero ninguén o escoita e todos se queixan. Non o deixan expresarse. O galo vai a xuizo. A xente da Troika sobre a que recae unha maldición ou bendición e por fin son felices a base de ereccións e deixan de apretar aos cidadáns. Porque hai máis formas de facer política que a liberal.  Unha rapaza provoca un incendio por amor. O bosque arde malia que chove. Homes e mulleres debecen por tirárense ao mar en pleno inverno.


Xerezade fala.

Licencia Creative Commons