sábado, 16 de xaneiro de 2016

Cemiterios

Un pájaro de papel en el pecho
Dice que el tiempo de los besos no ha llegado
Vicente Aleixandre
Somos cemiterios
agardamos o son das bicicletas ao pasaren veloces
Somos cemiterios agardando aves migratorias
un milleiro de paxaros en bandadas
Somos cemiterios porque
non é a morte o que máis doe,
é a vida
Morremos nos ollos da xente que durme na rúa
e morremos coma un paxaro aterrecido polo frío
e eu xa estou morta
morro pouco a pouco
pensado que non somos nada
só carne con dor
con alcol nas veas
cuns poucos sorrisos de cando en cando
con flores espiñentas medrando en nós
pouco a pouco
Todos nós estamos moi sós
por iso as aves non chegan
nin os bicos
e sempre
sempre
vivimos na mesma estación

azul e irredenta

Licencia Creative Commons