mércores, 20 de abril de 2016

Ausencia



"Anoche soñé contigo. No me acuerdo ya en detalle lo que pasaba. Sólo sé que nos incluíamos constantemente uno dentro del otro, yo era tú, tú eras yo. Por fin empezaste a arder, no sé cómo."
— Frank Kafka (Cartas a Milena). 
I
É coma se un tremor me invadirá cando non estas aquí
porque o meu corpo coñece todas as túas cancións
porque a gorxa do mar nos bisba ao oído
roubándonos o alento
porque ás veces non só son as palabras
porque ás veces somos a vertixe dos acantilados
que nos percorre
con éxtase
e silencio
II
Porque ás veces son as mans da nai
que tanto tiñan sembrado
amansado
amado 
escrito, poesía de Boris Vian
III
Porque non quero ser un corpo borrado polo tempo
Porque quero ser contigo todos os amenceres
Porque hai unha décimo oitava forma de querer
Porque te miro e morro
Porque aínda que doa
E non te atope
Estás aquí
E eu deséxote ata o derradeiro centímetro
Porque quero abrazarte salvaxemente
IV

Porque estou rota e chea de explosións

Licencia Creative Commons