domingo, 31 de xullo de 2016

spanda

o sabor do aire na boca
a profundidade
da auga
das pedras
fai tremer as cousas
por iso
é por iso
que o vento fai bailar as follas
ao son da música
todo se axita
resoa
coma un eco eterno
que nos canta
os segredos máis etéreos
e a spanda(palabra que ven do sívaísmo) do mundo
a vibración
o ritmo
a pulsación
o later descontrolado da terra
a palabra que antecede á palabra

xoves, 21 de xullo de 2016

μετάστασις


 μετά: máis alá
ἵστημι: estar

*
Sinto algo estarrecedor pecorrendo o meu corpo. A impotencia de non saber deixar pasar, marchar as persoas. E levo un animal dentro de min, que non sabe atoparse, rachar cos esquemas. Que non sabe fluir coa maxia que nos sostén. Son coma un paxaro que non sabe tomar as rendas da súa vida, desplomarse nun golpe seco, morrer voando. Non sei morrer nin vivir coma un paxaro. Non sei irme a outro sitio.
*
El vaise como tantos outros. Pregunteille: "estás  ben?". Nada, non me escoita. Ten os ollos pechados, así na escuridade pode velo todo: os últimos soños, o mundo desexado, a vida pasar, recordos, ideas, delirios...
*
Foise más alá das cousas, do noso mundo, do mundo.

Licencia Creative Commons