mércores, 7 de setembro de 2016

Alquimia.

O erro e a maldade
debóran o noso corpo
mais temos que deixar de calar
e comezar a pensar
sen os fíos que nos moven
sen afundirnos
sen rendirnos
na morte invisible

Temos que desnudar o tempo
sen afundirnos nas gretas
porque temos corrompidas as feridas
as úlceras da alma
e ao final
somos ríos do esquecemento
un aquelarre de soñadores
cargamos coa pedra de Sísifo
somos alquimistas da dor
cargamos con estupor

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons