mércores, 7 de setembro de 2016

só doe o final do día. a noite

Arredor
murmuro
sombras
son silandeiro de nostalxia
o corpo palpita
e estás
irremediablemente orfa

pero agora volto ao cauce
a innundalo todo
volto ao Eu

teño alquitrán nos pulmóns

medro en armonía neste hábitat 
non sei onde me leva a corrente
vou sen destino
e existo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons